Dentro das actividades de servizo integral á internacionalización dentro do Proxecto ECICII, o IGAPE pon a disposición da empresas da Eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal, unha iniciativa, que se organiza a través do servizo SALT que presta a Confederación de Empresarios de Galicia. A devandita actividade está financiada polo IGAPE.
É unha Xornada de Oportunidades de Negocio co BAD- Banco Africano de Desenvolvemento, na que se desprazarán dous responsables do devandito Banco e onde as empresas da Eurorrexión terán a oportunidade de obter información de primeira man e de realizar un interesante networking.
|
|
Last Updated ( Thursday, 18 April 2013 )
|
|
Base de datos á que poden acceder licenciados ou diplomados universitarios co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información entre o tecido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado deste tipo.
|
|
Last Updated ( Friday, 09 November 2012 )
|
|
Servizo
orientado a aquelas empresas galegas sen experiencia ou que se estean
iniciando no seu proceso de internacionalización, axudandoas a
identificar o seu potencial así como a aquelas, que tendo xa
experiencia, precisen apoio para revisar o seu posicionamento
internacional decidindo onde medrar e/ou consolidarse, sempre en
función das súas capacidades. |
|
Last Updated ( Wednesday, 02 January 2013 )
|
|
|
O IGAPE directamente ou en colaboración con outros organismos organiza ou apoia a realización de:
. Participación agrupada en feiras internacionais.
. Misións empresariais.
. Outras accións promocionais de participación agrupada.
|
|
Last Updated ( Thursday, 18 April 2013 )
|
|
O servizo pretende fortalecer o proceso de internacionalización do tecido empresarial da Eurorrexión, fomentando a creación de grupos de exportación que permitan abordar de forma conxunta a execución dunha estratexia de negocio internacional e o intercambio de experiencias e sinerxias que permitan un acceso máis eficiente aos mercados exteriores.
Comunicación do interese en cooperar
As empresas interesadas en cooperar con outras empresas da Eurorrexión para abordar ou implantarse en mercados exteriores poden comunicalo ao Igape para que as poña en contacto con outros empresarios interesados nos mesmos mercados.
Para inscribirse, acceda á opción de solicitude de servizos de internacionalización, e no campo de descrición do servizo indique interese en cooperar con outras empresas así como o tipo de cooperación desexada, e no campo países aos que se refire o servizo indique o país ou países nos que está interesado en cooperar.
|
|
Last Updated ( Thursday, 18 April 2013 )
|
|
Co obxectivo de impulsar a internacionalización das Pemes da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal e promover o investimento de empresas extranxeiras na Eurorrexión, están en marcha unha serie de servizos que se desenvolven no marco do Proxecto ECICII, pertencente ao Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e financiado con fondos FEDER da UE. (www.ecicii.es):
- Servizos de información e apoio para a saída a mercados exteriores de empresas da Eurorrexión: asesoramento personalizado durante o proceso de internacionalización, detección de oportunidades de negocio, asistencia para a conformación de grupos de exportación, servizo de mentoring (http://mentoring.ecicii.com), licitacións internacionais, eventos comerciais, etc.
- Servizos de información e apoio para o investidor extranxeiro: información sobre o mercado e oportunidades de negocio na Eurorrexión, razóns para investir na mesma (http://invest.ecicii.com), asesoramento e apoio para a implantación, información sobre solo industrial, misións inversas, entre outros.
Comunicación do interese en participar:
Contacto
Mª Carmen Vilariño, Técnico do Proxecto ECICII.
This email address is being protected from spam bots, you need Javascript enabled to view it
881 999 828 |
|
Last Updated ( Friday, 11 January 2013 )
|
|
|
Base de datos de empresas exportadoras galegas clasificadas por produto, empresa e país.
|
|
Last Updated ( Wednesday, 26 September 2012 )
|
|
Obxectivo
Por
ao alcance de empresarios, traballadores e emprendedores da
eurorrexión Galicia-Norte de Portugal información de mercados
exteriores, que lles permita atopar oportunidades de negocio en novos
mercados, emprendimento e expansión.
O
observatorio céntrase inicialmente nos sectores obxectivo do
proxecto ECICII (agroalimentario, materiais da construción e
contract). |
|
Last Updated ( Wednesday, 26 September 2012 )
|
|
Servicio de Mentoring en Internacionalización. Proxecto ECICII-POCTEP.
A través deste servizo preténdese ofrecer ás empresas interesadas en internacionalizarse, a posta en contacto cun mentor con experiencia e formación específica neste ámbito, que tratará de axudar e guiar á empresa mentorizada a través dunha atención personalizada.
Os mentores do proxecto son membros de empresas con experiencia en internacionalización que, de forma gratuíta, ofrecen o seu tempo e coñecementos co obxectivo de orientar ás empresas interesadas e intercambiar opinións sobre o seu proceso de internacionalización, atendendo ás súas necesidades e características específicas.
Pódese ampliar esta información na web http://mentoring.ecicii.com .
Este servizo, que pretende facilitar o proceso de internacionalización das empresas da eurorrexión, enmárcase dentro do Proxecto ECICII do Programa de Cooperación Transfronteriza Galicia-Norte de Portugal financiado con fondos FEDER da UE. www.ecicii.org.
|
|
Last Updated ( Wednesday, 26 September 2012 )
|
|
|
O IGAPE pon a disposición dos usuarios a base de datos de "Empresarios e Profesionais de Orixe Galega, ca finalidade de facilitar a cooperación, os negocios ou as alianzas entre os empresarios e profesionais galegos ou de orixe galega, e o acceso a información de interese para este colectivo á marxe do país ou continente onde se atopen, pon a . Desta forma, poderán obter mutuos beneficios establecendo relacións de coñecemento e colaboración, de xeito totalmente gratuíto.
|
|
Last Updated ( Monday, 05 November 2012 )
|
|
|
Asistencia para conformación de grupos de internacionalización
Fortalecer o proceso de internacionalización do tecido empresarial galego, fomentando a creación de agrupacións de internacionalización para abordar de forma conxunta a execución dunha estratexia de negocio internacional, é o obxectivo do novo servizo que o Igape facilitará ás empresas interesadas en buscar aliados para iniciativas ou proxectos no exterior.
|
|
Last Updated ( Wednesday, 26 September 2012 )
|
|
|