Axudas para proxectos de investimento tecnolóxico, de mellora da competitividade e de cooperación PDF
O próximo 1 de abril remata o prazo para a presentación de proxectos de investimento para innovación ou mellora tecnológica das pemes, ao abeiro da liña convocada polo Igape, en réxime de concurrencia competitiva, segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 13 de febreiro. A presentación de proxectos ó amparo da convocatoria de axudas para proxectos orientados a mellorar a organización das pemes galegas mediante a consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando remata tamén o próximo 1 de abril.
 
Santiago, 10 de marzo de 2009.- Os proxectos para a innovación e mellora tecnolóxica das pemes deberán contemplar uns investimentos subvencionables comprendidos entre 100.000 e 500.000 euros destinados a bens de equipo de carácter tecnológico, incluíndo maquinaria de proceso, instalacións específicas necesarias para a súa implantación, elementos de transporte interior o medios de protección do ambiente; tamén serán apoiables a adquisición de propiedade intelectual e industrial.
 
Polo que se refire á liña de apoio a proxectos de mellora organizativa mediante consultoría de proceso, implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda apoiará gastos de consultoría de proceso e asistencia técnica específica para a implantación dos proxectos, así como activos materiais e inmateriais como o software para aplicacións de xestión interna, o hardware necesario para o manexo das aplicaións de xestión que se implanten e as instalacións de redes informáticas das aplicacións implantadas. Neste caso, a presentación de iniciativas rematará igualmente o 1 de abril.
 
Por outra banda, o próximo 30 de marzo acabará o prazo de presentación de proxectos e iniciativas ao abeiro das liñas de axudas a iniciativas de difusión nos eidos da innovación e mellora competitiva, emprendedores e internacionalización; proxectos de servizos mancomunados; proxectos de elaboración de plans estratégicos, de innovación e competitividade, cooperativos; e iniciativas de posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados.
 
O Igape convocou, en réxime de concorrencia competitiva, segundo a resolución do 5 febreiro publicada no DOG o pasado 12 de febreiro, as seguintes liñas de axuda:
 
IG103 - Proxectos de investimento para a innovación ou mellora tecnolóxica das pemes entre 100.000 e 500.000€ de investimento subvencionable.
IG104 - Proxectos de mellora á organización das pemes mediante consultoría de procesos e implantación de ferramentas de xestión.
IG108 - Axudas a proxectos de estudos,  asistencia técnica e preparación de proxectos.
IG109 - Proxectos de deseño.
IG113 - Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto.
IG114 - Axudas a iniciativas de difusión.
IG115 - Proxectos de servizos mancomunados.
IG116 - Proxectos de benchmarking empresarial.
IG117 - Proxectos de cualificación profesional.
IG118 - Proxectos tutelados de intercambio de experiencias para a xeración de proxectos de innovación cooperativos.
IG119 - Elaboración de plans estratéxicos cooperativos.
IG121 - Preparación de proxectos de innovación para concorrer a convocatorias públicas estatais ou europeas.
IG122 - Posta en marcha de plans cooperativos previamente consensuados.
IG148 - Programas de formación empresarial de directivos, mandos intermedios ou equipos técnicos.
Última actualización ( 31/03/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design