| Publicación do tipo de xuro para préstamos de innovación tecnolóxica no 1º semestre de 2006 |
|
|
Resolución do 12 de decembro de 2005 pola que se publica o tipo de xuro de referencia para o primeiro semestre de 2006 para as operacións acollidas ao programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante Resolución do 25 de abril de 2005 publicouse o programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 84, do 3 de maio). No punto cuarto determínase a operativa do préstamo, establecéndose que o tipo de xuro variará por semestres naturais, publicándose o dito tipo de referencia para cada semestre no Diario Oficial de Galicia. Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do Mibor e Euribor, en virtude das facultades que teño conferidas RESOLVO: Primeiro.-O tipo de xuro de referencia para o primeiro semestre de 2006 para as operacións acollidas ao programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia será o 2,500%. Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2005. José Antonio Delgado Arce, Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica |
|
| Última actualización ( 29/11/2006 ) |


