| Política Territorial e Igape impulsan a modernización do transporte público de viaxeiros |
|
|
José Ramón Fernández Antonio e María José Caride Estevez asinaron un convenio de colaboración para apoiar investimentos de mellora en autobuses urbanos, interurbanos e taxis. As axudas ás empresas para acadar vehículos seguros, accesibles e ecolóxicos poden chegar ata o 50 por cento do custe de adquisición e instalación de novas tecnoloxías tanto nos autobuses como nos taxis.
Santiago, 28 de abril de 2008.- O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride Estévez, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo impulsar a modernización do transporte público de viaxeiros por estrada mediante apoios aos investimentos en innovación e mellora dos equipamentos. O acordo suscrito entre a Dirección Xeral de Transportes e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) crea unha liña de axudas ás empresas deste sector que permitirá acadar vehículos máis seguros, accesibles e ecolóxicos. Segundo este convenio, a liña de axudas contará para este 2008 con 800.000 euros, aínda que esta partida orzamentaria poderá ser ampliada polo Igape. A convocatoria das subvencións, que se realiza por primeira vez, nace coa vontade de ter continuidade nos anos seguintes.
As axudas que ofrecen a CPTOPT e o Igaoe van destinadas a impulsar os investimentos en adquisición e instalación de diversas melloras nos vehículos de transporte público de viaxeiros por estrada, isto é, nos autobuses urbanos e interurbanos e nos taxis. En concreto, apoiarase ás empresas que adquiran e instalen os seguintes tipos de innovacións e melloras:- Dispositivos que melloren as condicións de seguridade dos vehículos, que poden ser subvencionados tamén co 50 por cento do custo de adquisición e instalación e que contemplan sistemas para:
- Mecanismos que faciliten o acceso aos vehículos de persoas con mobilidade reducida ou con dificultades auditivas ou visuais, que poderán ser subvencionados co 50 por cento do custo de adquisición e instalación.
- Sistemas de propulsión de vehículos novos alimentados con enerxías alternativas (eléctricos, híbridos, pila de combustible, hidróxeno e gas natural ou licuado), que poderán ser subvencionados co 15 por cento do custo do autobús ou taxi.
- Sistemas de propulsión que permitan reducir a emisión de gases, subvencionados co seis por cento do custo do vehículo.
A concesión destas axudas realizarase por concorrencia non competitiva, isto é, todas as solicitudes que cumpran cos requisitos recibirán a súa correspondente axuda. Esta subvención será dun máximo de 12.000 euros e as empresas deberán manter os sistemas que sexan obxecto deste financiamento durante un mínimo de cinco anos.
Para a tramitación destas axudas o IGAPE porá a disposición dos interesados o seu Servizo de Asistencia Técnica, a través dos teléfonos 902 300 903 e 981 541 147 ou da páxina web http://www.tramita.igape.es.
|
|
| Última actualización ( 17/03/2009 ) |


As axudas que ofrecen a CPTOPT e o Igaoe van destinadas a impulsar os investimentos en adquisición e instalación de diversas melloras nos vehículos de transporte público de viaxeiros por estrada, isto é, nos autobuses urbanos e interurbanos e nos taxis. En concreto, apoiarase ás empresas que adquiran e instalen os seguintes tipos de innovacións e melloras: