| Umana Ingeniería desenvolve sistemas pioneiros nos ámbitos da biomecánica e a ergonomía |
|
|
Santiago, 4 de maio de 2007.- Umana Ingeniería é unha empresa situada en Vigo que traballa no ámbito da enxeñería humana, principalmente dedicada á biomecánica e á ergonomía. Nestes campos, a empresa realiza importantes aportacións nos ámbitos dos diagnósticos clínicos e da rehabilitación, do sector arquitectónico, do medio ambiente ou da mellora dos postos de traballo, entre outros.
A idea de crear a empresa partiu dos promotores do Grupo de Investigación en Biomecánica e Ergonomía da Universidade de Vigo, formado no ano 2001 por Xavier e Alexandre Alfonso. Ese foi o comezo dunha idea pioneira que no ano 2006 se materializou coa posta en marcha de Umana Ingeniería, explica Oscar Rodríguez, director xerente da empresa.
Un alto compoñente de innovación
Na rama da biomecánica, na que a compañía conta con clientes como mutuas, seguros privados de saúde, hospitais, centros médicos ou de rehabilitación, Umana Ingeniería desenvolveu unha nova tecnoloxía pioneira para o diagnóstico músculo-esquelético, afirman dende o seu departamento técnico. Esta nova tecnoloxía baséase nun conxunto de probas biomecánicas específicas, como por exemplo as análises de mobilidade, de dor, de contractura e fatiga muscular ou de forza e presión da pisada.
Neste mesmo ámbito, a empresa conta con dúas innovadoras aplicacións (Umana Clinic e Umana Rehabilitation) que permiten ofrecer diagnósticos dinámicos de lesións e enfermidades do sistema músculo-esquelético e mellorar os procesos de rehabilitación, respectivamente, segundo explican desde a compañía.
No eido da ergonomía, Umana Ingeniería conta con diferentes ferramentas de aplicación en varios campos. Umana Process foi xerada para aumentar a produtividade e a ergonomía dos procesos e os postos de traballo, explican. Tamén contan cun sistema creado para a avaliación e a mellora dos produtos de sedencia e descanso, Umana Confort, así como con outros específicos para o deseño e planificación de entornos arquitectónicos e urbanos (Umana Accesibility) ou para a avaliación da calidade ambiental de espacios interiores e exteriores (Umana Environment). Por último, Umana Design consiste nunha solución integral para o deseño ergonómico de produtos.Colaboración tecnolóxica
O departamento de I+D de Umana Ingeniería converte á empresa en socio tecnolóxico de importantes empresas, entidades, organismos e centros tecnolóxicos, apuntan os Directores Técnicos, que xa colaboraron este ano con algún Centro Tecnolóxico de Galicia e cunha importante multinacional.
Umana Ingeniería contou co apoio de Uniemprende para a realización do seu plan de negocio e, a través dos diferentes axentes de dinamización galegos (o propio Uniemprende, Unirisco, etc.), coñeceron as axudas do Igape, onde foron informados de cales serían as máis axeitadas para a súa constitución e para os seus proxectos futuros.
A principal dificultade que xurdiu coa posta en marcha da empresa foi a lentitude da maior parte dos sectores operativos en Galicia á hora de asimilar unha innovación tecnolóxica beneficiosa dende o punto de vista cualitativo e económico, afirman os responsables da empresa.
Despois dun ano traballando, consideran que unha das maiores trabas é o afianzamento dentro do mercado, xa que a resposta é máis lenta do previsto. Ademais, o feito de que sexan produtos e servizos pioneiros a nivel nacional esixe un campo de actuación dentro dese eido, o que conleva uns custos de promoción e desenvolvemento máis elevados, como apuntan desde a empresa.
As súas expectativas de cara ao futuro pasan por emprender novos proxectos de I+D+i e incluso barallan a posibilidade de desenvolver Masters de especialización en Ergonomía e Biomecánica en colaboración con Ingafor. No aspecto máis comercial, os promotores de Umana Ingeniería apuntan que a internacionalización tamén entra dentro das súas previsións |
|
| Última actualización ( 11/06/2007 ) |


Os seus produtos teñen aplicación en diferentes campos como, por exemplo, en procesos de rehabilitación ou na mellora dos postos de traballo. A
No eido da ergonomía, Umana Ingeniería conta con diferentes ferramentas de aplicación en varios campos. Umana Process foi xerada para aumentar a produtividade e a ergonomía dos procesos e os postos de traballo, explican. Tamén contan cun sistema creado para a avaliación e a mellora dos produtos de sedencia e descanso, Umana Confort, así como con outros específicos para o deseño e planificación de entornos arquitectónicos e urbanos (Umana Accesibility) ou para a avaliación da calidade ambiental de espacios interiores e exteriores (Umana Environment). Por último, Umana Design consiste nunha solución integral para o deseño ergonómico de produtos.