UPD Coordina Local PDF
O Igape e Bic Galicia, en colaboración coa Consellería de Traballo, promoveron a creación da Unidade de Promoción e desenvolvemento UPD Coordina Local, coa finalidade de apoiar aos técnicos de emprego na súa actividade. Consta de tres áreas diferenciadas: Coordinación, Apoio e Comunicación. A súa actividade oriéntase inicialmente cara a coordinación da propia rede, ademais de prestar apoio aos técnicos.
 
O traballo dos técnicos de emprego está vencellado ao territorio, polo que a actividade da UPD Coordina Local ten tamén unha clara orientación neste mesmo sentido. A súa finalidade consiste en achegarse ao lugar no que se atopan os propios axentes cun dobre obxectivo. Por un lado, darlles a coñecer a función e cometidos da propia UPD e, por outro, fomentar unha maior cohesión entre os membros da rede que desenvolven a súa actividade nunha determinada área xeográfica.
 
Outra das tarefas da nova UPD é facilitar información útil aos técnicos que integran a rede. Trátase de manter unha canle permanente, aberta e participativa de comunicación, para achegar ós axentes todas aquelas novidades que xurdan en materias como axudas ou lexistación, así como en ferramentas e instrumentos de apoio para a creación e a consolidación empresarial.
 
Última actualización ( 27/10/2008 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design