| Xestores de internacionalización |
|
|
Base de datos á que poden acceder licenciados ou diplomados universitarios co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información entre o tecido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado deste tipo.
Poden formar parte desta bolsa de traballo as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
No caso de que algunha empresa ou organismo galego desexe contactar con algún xestor, deberá cubrir a ficha de consultas ao Igape, indicando no apartado 4 -datos da consulta-, os números de identificación dos xestores nos que está interesado e unha descrición da oferta de traballo que lle será enviada polo IGAPE a cada xestor, a efectos de que estes, de estaren interesados na oferta de traballo, se comuniquen directamente coa empresa ou organismo.
Para a incorporación á empresa destes profesionais pódese solicitar a axuda para a contratación de xestores de exportación, consistente nunha subvención do 75% do salario bruto do primeiro ano de vixencia do contrato laboral
Solicitar a inscrición na bolsa de traballo como de axentes de exportación.
Temas relacionados:
|
|
| Last Updated ( Friday, 09 November 2012 ) |


