| Xornada informativa sobre os apoios a empresas e organismos intermedios en Vigo, con INEO |
|
|
O director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce, protagonizará a sesión informativa organizada en colaboración con INEO para presentar as liñas de axuda que acaba de convocar o Instituto. A cooperación, o desenvolvemento de software libre ou de innovación son algúns dos ámbitos de actuación nos que existen apoios para as iniciativas empresariais.
Santiago, 7 de maio de 2007.- Dar a coñecer as axudas existentes para proxectos empresariais que se desenvolvan en materia de cooperación, desenvolvemento de software libre ou difusión e innovación, entre outras, é a finalidade da xornada sobre as axudas que vén de convocar o Igape. O encontro, que se celebrará o próximo día 9 de maio, está organizado por INEO, Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación de Galicia, en colaboración co propio Instituto.
O director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce, participará na xornada, que terá lugar no Auditorio do Consorcio Zona Franca de Vigo, a partir das 10 horas, para dar a coñecer as diferentes liñas de axudas para empresas e organismos intermedios que o Instituto convocou en datas recentes.
A sesión, na que tamén participará o presidente do INEO, Jorge Cebreiros, servirá para dar a coñecer as distintas áreas de actuación nas que se poderán desenvolver os proxectos subvencionables. No eido da cooperación, as iniciativas ás que se dirixen estas axudas abranguen aquelas que se desenvolven entre varias empresas galegas ou entre estas e outras estranxeiras, aproveitando sinergias, complementariedades e reciprocidades que lles permitan competir no mercado internacional.
Ademais, tamén se informará sobre os apoios a proxectos tractores de empresas galegas desenvolvedoras de software en código aberto para a xestión e implantación en pemes da comunidade, así como sobre os apoios a iniciativas de difusión da cultura emprendedora e as iniciativas innovadoras, neste caso para concurrir a convocatorias públicas estatais ou europeas.
Para confirmar a asistencia á xornada ou solicitar máis información, os interesados poderán chamar ao teléfono 986 269 718 ou facelo no enderezo de correo electrónico
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
. |
|
| Última actualización ( 11/05/2007 ) |


