IG265 - AXUDAS FOEXGA (FOMENTO DAS EXPORTACIÓNS GALEGAS) 2024 - GRANDES EMPRESAS

O prazo de presentación finaliza o Jueves, 31 Octubre 2024 as 14:00 h.

Finalidad / Objetivo

O obxectivo principal destas bases é conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

As actuacións que engloban están dirixidas a:
a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.
As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis.
As subvencións previstas nestas bases estarán financiadas con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que superen os límites establecidos para a definición de peme,

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.

d) As persoas beneficiarias deberán contar con presencia nos medios dixitais internacionais, contando como mínimo cunha páxina web con versión en inglés.

e) As persoas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia para ser persoa beneficiaria da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

f) As persoas beneficiarias sométense ao réxime de minimis segundo o recollido no artigo 2.3 destas bases.

g) Que estean ao día de pagamentos adebedados ás Cámaras.

h) As empresas participantes nunha mesma acción non deberán ter vinculación entre si de ningún tipo (nin coas empresas pemes participantes na acción de correspondencia do Foexga) para poder optar á subvención, no caso de que participen nunha acción dúas empresas vinculadas só unha delas poderá optar á subvención. Enténdese por vinculación calquera participación dunha empresa tanto directa como indirecta na xestión, control ou capital social doutra. A vinculación faise extensiva á relación de membros de órgano de goberno, directivos ou xestores.

Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, as persoas beneficiarias aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principales del proyecto

Será subvencionable a participación das grandes empresas galegas, nas actuacións organizadas e executadas por unha entidade colaboradora no marco do programa Foexga 2024 nos países recollidos no anexo VII:

Alemaña, Angola, Arabia Saudita, Austria, Bélxica, Bosnia e Hercegovina, Brasil, Bulgaria, Cabo Verde, Canadá, Chile, China, Colombia, Corea, Costa Rica, Croacia, Dinamarca, Emiratos Árabes Unidos, EEUU, Eslovenia, Estonia, Filipinas, Finlandia, Francia, Gabón, Grecia, Guatemala, Honduras, Hungría, India, Indonesia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Marrocos, México, República Moldova, Mozambique, Nicaragua, Noruega, Países Baixos, Perú, Polonia, Porto Rico, Qatar, Reino Unido, República Checa, República Dominicana, Romanía, O Salvador, Senegal, Serbia e Montenegro, Singapur, Sudáfrica, Suecia, Tailandia, Tunisia, Turquía, Uruguai, Vietnam, Xapón.

Inversiones o gastos computables

1. Gasto subvencionable: establécese como gasto subvencionable o gasto subvencionable máximo admitido para as pemes nunha acción Foexga, isto é:

Participación en Misión Comercial: 8.000€.
Participación en Feira internacional: 32.000 €.

2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e a data de fin de execución segundo o establecido na convocatoria destas bases e na resolución de concesión. Tamén serán subvencionables os gastos efectuados con anterioridade á da presentación da solicitude de axuda correspondentes a reserva das empresas de participacións nas accións.

3. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será do 30% dos gastos subvencionables, isto é:

- Participación en Misión Comercial: 2.400€.
- Participación en Feira internacional: 9.600 €.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 8.00 horas do día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos fins.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos ao da concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura o límite redúcese a 40.000 euros. E para as empresas do sector agrícola o límite redúcese a 20.000 euros.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza.

Referencia legislativa

Resolución do 19 de abril de 2024 (DOG Nº83 do 26/04/2024) - Bases reguladoras e convocatoria 2024

Información y tramitación

* Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

*Tramitación:
As entidades colaboradoras son as encargadas de tramitar a solicitude de axuda (facer a reserva do crédito, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación)

As entidades colaboradoras deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do proxecto para o que solicita a subvención e o orzamento de gastos, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberase xuntar como documento a este formulario electrónico a convocatoria para a selección das empresas segundo o modelo do anexo III.

As persoas solicitantes unicamente poderán ser as Entidades Colaboradoras adheridas ao programa Foexga.

Observaciones

Considéranse entidades colaboradoras as Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación galegas, que teñan sido declaradas entidades colaboradoras no marco das axudas para o Plan Foexga 2024, que son corporacións de dereito público que se configuran como órganos consultivos e de colaboración coas administracións públicas, especialmente coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica.´

O prazo de execución de cada actuación iniciarase na data de solicitude e rematará no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización de cada actuación, prazo no que se deberá presentar a solicitude de cobramento.

Este prazo non poderá exceder do 30 de novembro de 2024, para as solicitudes con accións a realizar ata esta data, e do 31 de marzo de 2025, para solicitudes con accións a realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pago. As accións realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025. Non obstante, de acordo co artigo 45.5 do Decreto 11/2009, as subvencións que abranguen gasto subvencionable executado en 2024 deberán presentar a xustificación nese exercicio con independencia de que o remate das accións subvencionables sexa no 2025.