Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países

Viernes, 22 Noviembre 2024 15:51
  • O presidente participa nun almorzo empresarial a cargo da Associaçao Brasileira de Empresarios Galegos (Abegal)
  • Asina un convenio de colaboración con Abegal para fomentar as relacións comerciais, profesionais e de investimento, así como apoiar a captación de novos asociados para a entidade Abegal, fortalecendo a súa presenza no mercado brasileiro
  • Destaca o potencial exportador da comunidade galega nos sectores agroalimentario e vitivinícola, onde Galicia lidera en tradición e calidade
  • Tamén visitará hoxe a Casa de Espanha en Río de Xaneiro, á cal entregará unha placa conmemorativa como á Asociación Recreo dos Anciáns de Río de Xaneiro, en recoñecemento ao seu incansable labor

 

Río de Xaneiro (Brasil), 22 de novembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión con membros da Associaçao Brasileira de Empresarios Galegos (Abegal) en Río de Xaneiro, onde destacou a importancia de reforzar os vínculos económicos e culturais entre Galicia e Brasil, así como fomentar a cooperación entre ambos países.

Neste sentido e no marco desta visita, o titular do Goberno galego –en nome do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)– e o presidente de Abegal, José Manuel Caamaño, asinaron un convenio de colaboración, aprobado esta mesma semana no Consello da Xunta, co obxectivo de fomentar as relacións comerciais entre ambos territorios, profesionais e de investimento, así como apoiar a captación de novos asociados para Abegal, fortalecendo a súa presenza no mercado brasileiro.

“A contribución de Abegal é clave para consolidar a Marca Galicia, representando a calidade e o saber facer que nos define tanto en Galicia como no exterior,” afirmou Rueda, que acudiu ao encontro acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Durante a súa intervención, destacou tamén o potencial exportador da comunidade galega nos sectores agroalimentario e vitivinícola, onde Galicia lidera en tradición e calidade.

Así mesmo, o presidente puxo en valor programas autonómicos como a Estratexia Galicia Retorna, coa que se pretende facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior entre 2023 e 2026. Ao mesmo tempo, valorou a “estabilidade e oportunidades” que ofrece Galicia e que fan da comunidade un “socio ideal” para os empresarios brasileiros á hora de afrontar os retos do futuro, especialmente en sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, as TIC e as enerxías renovables.

Visita á Casa de Espanha

Durante a súa xira por Brasil, o presidente da Xunta tamén visitará hoxe a emblemática Casa de Espanha en Río de Xaneiro, unha institución que representa un nexo entre pobos irmáns e un exemplo do compromiso da diáspora galega coa preservación das súas raíces culturais e sociais unindo xeracións.

Durante a visita, Alfonso Rueda fará entrega de sendas placas conmemorativas tanto á Casa de Espanha como á Asociación Recreo dos Anciáns de Río de Xaneiro, en recoñecemento ao seu incansable labor.

  • La Xunta destaca la importancia de la cultura de la innovación como una "oportunidad para liderar mercados y generar valor añadido"
    Leer más
  • La Xunta pone en valor la innovación, resiliencia y apuesta por la calidad como claves del éxito empresarial
    Leer más
  • Lorenzana aboga por seguir impulsando la internacionalización de la economía gallega, tanto en exportaciones como en captación de inversiones
    Leer más