Xunta e Nueva Pescanova abordan as oportunidades que ofrece Galicia ao tecido empresarial para investir

Martes, 01 Outubro 2024 18:12
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse co conselleiro delegado do Grupo Nueva Pescanova, Jorge Escudero
  • A conselleira destacou o compromiso do Executivo autonómico para facer da Comunidade galega un polo de atracción industrial na Península
  • Puxo en valor as medidas postas en marcha pola Xunta como a creación da Oficina Económica de Galicia ou o solo industrial gratuíto durante os primeiros oito anos

 

Vigo, 1 de outubro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe en Vigo co conselleiro delegado do Grupo Nueva Pescanova, Jorge Escudero, para abordar as oportunidades que ofrece Galicia ao tecido empresarial para investir e implantar proxectos empresariais na Comunidade.

Durante a reunión, Lorenzana destacou que é bo para Galicia que Nueva Pescanova creza en competitividade e en xeración de emprego, pois é toda unha referencia na industria de transformación pesqueira española.

A titular de Economía e Industria trasladoulle o compromiso da Xunta para facer de Galicia un polo de atracción industrial na Península e desenvolver unha planificación industrial que facilite o acceso ao solo empresarial, potencie o emprego e subministre o tecido empresarial galego.

Neste marco, destacou a posta en marcha da Oficina Económica de Galicia que ofrece un servizo de asesoramento integral e que desde a súa creación no mes de abril xa atendeu máis de 7.000 consultas.

Por outra banda, María Jesús Lorenzana, explicou que o Goberno galego puxo en marcha tamén un plan de aceleración de proxectos industriais para dar a máxima axilidade administrativa aos proxectos empresariais. Unha medida que se complementa coa posta a disposición das empresas de máis de 500.000 m² de solo industrial a custo cero durante os oito primeiros anos.

  • Xornada 'O acceso ao financiamento das empresas do sector Biotech'
    Ler máis
  • Lorenzana lembra que desde este ano as startups contan en Galicia cunha liña de axudas específica para apoiar o seu lanzamento e consolidación
    Ler máis
  • Lorenzana destaca a competitividade e a xeración de emprego como fortalezas da industria da seguridade e a defensa en Galicia
    Ler máis